Puga Gómez, Pedro Ventura de

Puga Gómez, Pedro Ventura de

Xurista. Estudou leis nas universidades de Santiago de Compostela e Salamanca. Foi rexedor perpetuo do concello de Ourense, membro da Xunta Superior do Reino de Galicia (1809) e deputado nas Cortes por Ourense (1834-1835). Pertenceu á Real Sociedad Económica de Amigos del País de Orense (1835), da que foi presidente, e membro da Comisión de Instrución Provincial (1842). Escribiu Medios que se proponen para minorar y aun desterrar la mendiguez y adelantar, extender y perfeccionar las artes y oficios (1853).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Bobadela, Celanova

  • Deceso

    Lugar : Ourense