Puig Adam, Pedro

Puig Adam, Pedro

Matemático e enxeñeiro. Doutor en Matemáticas (1921) e enxeñeiro industrial (1931), foi catedrático do Instituto San Isidro de Madrid desde 1926, catedrático de Extensión de Cálculo da Escuela de Ingeniería Industrial desde 1946 e encargado da cátedra de Metodoloxía e Didáctica da facultade de Ciencias da Universidad Central de Madrid. Realizou numerosos traballos sobre a didáctica das matemáticas e iniciou o método heurístico. Pertenceu á Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Barcelona

  • Deceso

    Lugar : Madrid