punicáceo -a
punicáceo -a
(< lat científico Punica)
-
adx
Relativo ou pertencente ás punicáceas.
-
s
f
[PLANTA]
Planta da familia das punicáceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Familia de plantas arbóreas ou arbustivas, da orde das mirtais, con follas opostas ou fasciculadas, flores solitarias dispostas en aciosaxilares e froito protexido por unha envoltura coriácea. Só consta o xénero Punica, con dúas especies: P. granatum, propia da rexión mediterránea e do SO asiático, e P. protopunica, da illa de Suquṭrā. Algúns autores inclúena dentro das litráceas.