Púnicas, Guerras

Púnicas, Guerras

Conflitos bélicos que enfontraron a Roma e Cartago polo dominio do Mediterráneo entre os ss III-II a C.
Primeira Guerra Púnica (264-241 a C)
Enfrontamento que comezou en 264 a C coa intervención de Roma en Sicilia, cando se aliou cos mamertinos que loitaban contra os cartaxineses en Messina. A guerra pasou ao mar e organizouse unha expedición sobre a costa cartaxinesa en Tunisia (256 a C). Fracasado este ensaio, a guerra centrouse novamente en Sicilia. A paz (241 a C) puxo fin aos dominios púnicos e a illa converteuse na primeira provincia romana.
Segunda Guerra Púnica (219-201 a C)
Enfrontamento que comezou en 219 a C nas bases que os cartaxineses estableceran ao S da Península Ibérica, Cartago Nova, para compensar as perdas en Sicilia. Aníbal proxectou o ataque directo a Roma nunha expedición por terra. Atravesou os Pireneos e os Alpes, penetrou en Italia, onde conseguiu grandes vitorias, e dirixiuse cara ao S da península, onde tivo outra vitoria en Cannes. Entrementres os romanos contraatacaron en Empúries (218 aC), desde onde dominaron a costa catalá e despois a do S do Ebro ata Andalucía. Publio Cornelio Escipión Africano dirixiu a guerra do territorio de Cartago (204 a C), que Aníbal foi defender, pero foi vencido na Batalla de Zama (202 a C).
Terceira Guerra Púnica (149-146 a C)
Enfrontamento que comezaron os romanos en 149 a C porque temían unha resurrección do poder de Cartago. Así iniciaron unha guerra de exterminio que destruíu Cartago, tres anos despois.