púnico -ca

púnico -ca

(< lat Punĭcu)

  1. adx e s

    cartaxinés.

  2. s m [LING]

    ariedade do fenicio, falado en Cartago e nas súas colonias. Documéntase desde o 600? ata 146 a C (caída de Cartago), que deu paso ao neopúnico, cuxo uso se prolongou ata o s VI. As inscricións púnicas foron atopadas nunha ampla área: nas illas do Mediterráneo (Malta, Sicilia, Eivissa, ss VI-II a C), no continente europeo (Marsella, Aviñón e Cádiz, ss III-II a C) e, sobre todo, ao N de África. Os textos en neopúnico proceden fundamentalmente do N de África (Libia, Tunisia e Alxeria) e de Sardeña.

  3. arte púnica [ARTE]

    Arte desenvolvida en Cartago, na zona cartaxinesa de Tunisia e nas súas colonias no Mediterráneo occidental, entre o s VII a C e a romanización. Os templos eran de tradición fenicia oriental, e a partir dos ss V-IV a C manifestouse unha marcada influencia grega na técnica. Da escultura en pedra son abundantes as estelas con relevos. A coroplastia, moi rica, atópase en forma de exvotos nos santuarios ou nas tumbas. Destaca tamén a xoiaría. A súa difusión na Península Ibérica produciuse despois da fundación de Eivissa que formou con Gadir os dous centros máis importantes. Destacan os xacementos eivisencos de Puig des Molins e Isla Plana.

Palabras veciñas

Púnicas, Guerras | punicina | punición | púnico -ca | Puñide, ponte | punir | punitivo -va