Punset i Casals, Eduardo

Punset i Casals, Eduardo

Economista e político. Foi director económico de The Economist (1967-1969) e alto funcionario do Fondo Monetario Internacional (1969-1973). Con Centristas de Catalunya-UCD, foi conseller d’Economia i Finances da Generalitat de Catalunya (1980), deputado no Parlament de Catalunya e ministro de Relacións coas Comunidades Europeas (1980-1981). Foi elixido deputado ás Cortes como independente en Convergència i Unió (1982-1983) e parlamentario europeo polo Centro Democrático y Social (1987-1994). Profesor no Institut Químic de Sarrià da Universitat Ramon Llull, especializouse en temas de impacto das novas tecnoloxías. Director do programa de TVE Redes, escribiu La salida de la crisis (1980), España sociedad cerrada, sociedad abierta (1982), La España impertinente (1986), Manual para sobrevivir en el siglo XXI (2000) e Cara a cara con la vida, la mente y el universo (2004).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Barcelona