punta

punta

(

  1. s f
    1. Extremo agudo dunha cousa.

      Ex: A espada tiña a punta moi aguda.

    2. Extremo dunha cousa máis ou menos alongada.

      Ex: A pomba pousou na punta da árbore. Na punta da mesa sentou o avó.

    3. Cada un dos ángulos ou extremo dunha peza ou obxecto.

      Ex: Colleu o pano polas puntas.

    4. Parte extrema ou avanzada de algo.

      Ex: O campión ía na punta do pelotón.

    5. [DEP]

      Xogador que ocupa posicións de ataque, sobre todo no fútbol.

  2. s f
    1. Obxecto rematado en forma aguda.

    2. Cravo pequeno, especialmente o fino fabricado mecanicamente, denominado orixinariamente punta de París.

    3. [PREHIST]

      Instrumento lítico rectangular, con ou sen retoque, que consta dunha extremidade aguda e que se obtén da lasca.

    4. [FÍS]

      Peza situada na parte superior de certos tubos electrónicos, que serve para establecer a conexión dalgún eléctrodo, xeralmente a reixa ou o ánodo, co fin de evitar as perdas que se producirían se se fixera a conexión pola base.

  3. adx empresas/sectores punta [ECON]
    1. adx

      Que é de máxima actividade, intensidade, modernidade ou rendemento.

    2. empresas/sectores punta

      Institucións ou partes da economía que constitúen a base da produción dos ingresos no proceso económico dunha nación ou nun sistema económico.

    3. hora punta

      Hora de máximo rendemento na produción.

    4. hora punta

      Hora de máximo consumo de electricidade ou auga.

    5. hora punta

      Hora en que se produce unha maior aglomeración nos transportes urbanos, á entrada ou saída do traballo.

  4. f

    Que é de máxima actividade, intensidade, modernidade ou rendemento.

  5. s f

    Parte de gando que se separa do rabaño principal.

    Ex: Bótalle só unha punta de sal á comida.

    Sinónimos: chisco.
  6. poder das puntas [TECNOL/FÍS]

    Pequena porción de algo.

  7. punta seca [ARTE]

    Propiedade que posúen os corpos acabados en punta metálica, que consiste en deixar fluír as cargas eléctricas e neutralizar calquera corpo electrizado próximo á punta.

  8. punta de diamante [ARTE]

    Gravado calcográfico que se obtén por estampado, sobre papel, dunha prancha de cobre ou de cinc gravada directamente polo artista mediante unha punta afiada de aceiro. Os sucos reteñen a tinta para o estampado.

  9. Adorno tallado en pedra ou noutro material, coa forma dunha pirámide de pequena altura.

Frases feitas

  • De punta a punta/a cabo. Dun extremo ao outro.

  • Ter algo na punta da lingua. Estar a piques de dicir ou lembrar algo.