puntuación

puntuación

(< puntuar)

  1. s f
    1. Acción e efecto de puntuar.

  2. [LING]
    1. s f

      Maneira de puntuar.

    2. signos de puntuación

      Signos ortográficos que se utilizan na escrita para marcar pausas, entoacións ou incisos e facilitar así a súa correcta comprensión. Son signos de puntuación a coma, o punto e coma, os dous puntos, o punto, os puntos suspensivos, o signo de interrogación e o de exlamación, o guión ou trazo, a raia, as parénteses, os corchetes e as comiñas.

  3. s f

    Número de puntos conseguidos nunha competición, nun xogo ou nun exame.

Palabras veciñas

Puntiña, A | punto | Punto Radio | puntuación | puntual | puntualidade | puntualización