puntual

puntual

(

  1. adx

    Que chega a tempo ou á hora prevista.

    Ex: Adoita ser puntual.

  2. adx

    Que é exacto e minucioso.

    Ex: Deron información puntual sobre o suceso.

  3. adx

    Que afecta ou atinxe a un só punto concreto ou que se dá nun número restrinxido de casos.

    Ex: Eses só foron algúns casos puntuais.

  4. adx [FÍS]

    Aplícase ás fontes radiantes de dimensións desprezables e que, polo tanto, poden ser consideradas matematicamente como un punto emisor.

  5. adx [LING]

    Aplícase ao aspecto que presenta a acción verbal considerada nun momento, nun punto do seu desenvolvemento, ben no seu inicio (incoativa), ben no seu remate (perfectiva).

Palabras veciñas

punto | Punto Radio | puntuación | puntual | puntualidade | puntualización | puntualizar