Punxín, pazo de
Punxín, pazo de
Construción situada en Punxín. Ten dúas plantas en forma de L, cun patio inscrito, que se limita polo propio edificio, e no que se sitúa un xardín. Conserva o muro de peche e unha inscrición de 1663. O escudo da fachada alude aos Jáudenes, Sarmiento, Bárcena, Somoza, Figueroa e Barrio.