pureza
pureza
(< puro)
-
s
f
Calidade de puro.
-
s
f
[RELIX]
Condición en moitas relixións de non contaminado polo contacto con persoas ou cousas que un considera impuras, sobre todo con vistas ao culto.
-
criterios de pureza
[QUÍM]
Comparación que se efectúa entre propiedades perfectamente coñecidas, empírica ou teoricamente, dunha substancia e as dunha mostra concreta desta, para determinar a súa pureza. Nas sólidas con punto de fusión definido, o criterio de pureza máis empregado é o punto de fusión mixto. Para os líquidos utilízase o punto e intervalo de ebulición e o índice de refracción, e para as substancias opticamente activas, a rotación óptica molecular (actividade óptica). Tamén se empregan como criterio de pureza os datos espectroscópicos e a pureza cromatográfica.