pureza

pureza

(< puro)

  1. s f

    Calidade de puro.

  2. s f [RELIX]

    Condición en moitas relixións de non contaminado polo contacto con persoas ou cousas que un considera impuras, sobre todo con vistas ao culto.

  3. criterios de pureza [QUÍM]

    Comparación que se efectúa entre propiedades perfectamente coñecidas, empírica ou teoricamente, dunha substancia e as dunha mostra concreta desta, para determinar a súa pureza. Nas sólidas con punto de fusión definido, o criterio de pureza máis empregado é o punto de fusión mixto. Para os líquidos utilízase o punto e intervalo de ebulición e o índice de refracción, e para as substancias opticamente activas, a rotación óptica molecular (actividade óptica). Tamén se empregan como criterio de pureza os datos espectroscópicos e a pureza cromatográfica.

Palabras veciñas

Purcell, Henry | Purchena | puré | pureza | purga | purgábel | purgable