Pusan

Pusan

Cidade da República de Corea, que forma unha entidade de poboación propia (749 km2; 3.655.437 h [2000]). Situado no estreito de Corea, é o porto principal do país e a segunda cidade en poboación. Ten estaleiros e industria siderúrxica, mecánica, téxtil (algodón e seda) e química.