Putnam, Hilary

Putnam, Hilary

Filósofo. Discípulo de R. Carnap e de Quine, e influído polas teorías de I. Kant e Wittegenstein, foi crítico cos dogmas da filosofía analítica. Nega a existencia de teorías verdadeiras, e entende a verdade como unha clase de aceptabilidade racional. Os seus escritos están recompilados en obras como Philosophy of Logic (1971), Reason, Truth and History (1981) e Realism with Human Face (1990).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Chicago, Illinois

  • Falecemento