putonghua*
putonghua*
s
m
[LING]
Lingua común do chinés, que se basea na pronuncia de Pequín (o mandarín), na sintaxe das linguas do norte e no vocabulario e na literatura moderna en baihua. Desde 1956 converteuse na única lingua de ensino das rexións de lingua han e, a partir dese momento, foi a lingua apoiada oficialmente.