Puvis de Chavannes, Pierre
Puvis de Chavannes, Pierre
Pintor. Influído polos pintores de frescos italianos do s XV, dotou ás súas teas da aparencia de fresco. Caracterizouse polo sintetismo, a pincelada plana, as cores despexadas, a liña do horizonte alta, as figuras en primeiro termo e moi grandes e unha gran simplicidade na composición. Realizou Concordia (1861), Le bois sacré (1885 e1887), L’Été (1891-1892) e decorou o Panteón de París co Rencontre de sainte Geneviève et de saint Germain (1874) e cultivou tamén a pintura de personaxes populares, Le Pauvre Pêcheur (1881).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Lyon -
Deceso
Lugar : París