Puy Muñoz, Francisco

Puy Muñoz, Francisco

Xurista. Doutor en Dereito e catedrático de Filosofía do Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Socio fundador da Sociedad Española de Filosofía Jurídica y Social, membro numerario da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación e do Seminario de Estudos Galegos na área de ciencias xurídicas, e presidente do padroado da Fundación Alfredo Brañas, foi vogal e secretario da comisión redactora do Anteproxecto de Lei Orgánica do Estatuto de Autonomía de Galicia. Colaborador en diversas publicacións e obras colectivas, das súas obras destacan El derecho y el estado en Nietzsche (1966), El derecho hispánico (1973) e Derechos Humanos (1983), Filosofía do dereito: leccións de historia da xurisprudencia galega (1997) e editou ou coordinou, entre outras obras, Los espacios regionales en el marco de la Comunidad Europea (1991), Cuaderno de prácticas de filosofía del derecho (2001) e Los derechos en el constitucionalismo histórico español (2002). Recibiu, entre outros galardóns, a Cruz de Honor de San Raimundo de Peñafort (2004), o título de doutor honoris causa pola Universidad de Santo Tomás de Chile (2004) e o de profesor honoris causa pola Universidad Belgrano de Bos Aires.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Cambil, Jaén