Pancracio, san

Pancracio, san

Mártir. Orixinario de Perpignan segundo unha lenda, morreu degolado durante a persecución de Diocleciano, despois de que o Papa Cornelio o convertese ao cristianismo. Como modelo de inocencia e pureza invocábase antigamente contra os falsos testemuños. En Galicia, invocábase para buscar traballo (“San Pancracio, saúde e traballo”) e moi recentemente estendeuse a crenza de que axuda nos xogos de azar e nos negocios. Na iconografía represéntase como un rapaz novo, que viste túnica curta e cinxida e porta a palma do martirio e a espada da degolación. A súa festividade celébrase o 12 de maio.

Cronología

  • Deceso

    Lugar : Roma