páncreas
páncreas
(< grπάγκρεας)
s
m
[ZOOL]
Glándula de secreción mixta (interna e externa). É difusa nos vertebrados inferiores e unha masa de forma alongada situada detrás do estómago e entre o duodeno e o bazo nos superiores. Ten unha dobre función secretora, endócrina e exócrina. A primeira é producida polas células α e β dos illotes de Langerhans, diseminados por todo o órgano. As primeiras elaboran glucagón, hormona hiperglicemiante, e as segundas insulina, hormona que ten funcións hipoglicemiantes. Tamén produce hormonas de acción hipersecretora gástrica e péptidos de acción hipotensora e vasodilatadora.