pelaxianismo

pelaxianismo

(

s m [RELIX]

Doutrina do monxe Pelaxio que parte dun optimismo natural en canto á capacidade absoluta da vontade para evitar o mal e facer o ben. Afirma que a graza é unha axuda extrínseca para obrar o ben, máis facilmente, pero de ningún xeito é necesaria para a salvación. Nega o pecado orixinal e, en consecuencia, nega tamén a necesidade do bautismo dos nenos e a eficacia da penitencia.

Palabras veciñas

pelásxico -ca | pelaxe | Pelaxia, santa | pelaxianismo | pelaxiano -na | peláxico -ca | Pelaxio