Pelaxio

Pelaxio

Monxe bretón ou irlandés. A súa gran rectitude moral e a preocupación antimaniquea inclinárono a unha interpretación optimista da vontade humana, que deixa á graza divina unha eficacia unicamente moral e natural. Atopou moita adhesión, pero tamén adversarios como o Papa Zósimo, o Emperador Honorio, santo Agostiño e Paulo Orosio. Das súas obras consérvanse, ademais de diversas cartas, Expositiones in espistolas sancti Pauli e Libellus fidei ad Innocentium I.