Pero Mafaldo

Pero Mafaldo

Trobador, probablemente portugués. Fillo de Mem Pais Mafaldo, da liñaxe dos Mafaldo, no norte de Portugal, o seu nome apareceu en documentos de 1232 e 1265, mentres que noutros documentos de 1249, 1265 e 1269 falan de “Pedro, jogral galego”. Estivo activo na corte de Afonso X, onde participou no ciclo de escarnios contra Maria Perez a Balteira, e posiblemente tamén en Aragón na de Xaime I, ao servizo do infante Pedro. Consérvanse nove composicións, recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional, e marcadas en parte pola influencia occitana: catro cantigas de amor, dúas de amigo, dúas de escarnio e un sirventés moral.