Pero-Grullo
Pero-Grullo
Semanario editado en Vigo a partir do 10 de xullo de 1881. Cesou o 14 de agosto do mesmo ano (nº2). Dirixido por Luís A. Mestre, e coa colaboración de Indalecio Armesto, a maior parte dos seus contidos foron políticos. Foi o primeiro xornal con caricaturas da prensa viguesa, realizadas por Verísimo Vázquez.