Petronila, santa
Petronila, santa
Mártir. Foi unha doncela patricia martirizada en Roma por non querer casar cun patricio romano que a denunciou por cristiá. Consérvase o seu sepulcro nas catacumbas de Domitila. Viste a túnica coa estola das patricias romanas e, moitas veces, con diadema ou coroa por ser virxe; como suposta filla de san Pedro, con quen se confunde, pode aparecer cunha chave (atributo persoal), aínda que é máis frecuente que apareza coa palma do martirio e mais cun libro. A súa festividade celébrase o 31 de maio.