Pío IX

Pío IX

Papa (1846-1878). De nome Giovanni Maria Mastai Ferretti, mantivo unha actitude moderadamente aberta á reforma dos Estados Pontificios ata que estalou a revolta en Roma en 1848 coa proclamación da república. Refuxiouse en Gaeta e ao volver a Roma endureceu o seu pontificado. Ocupada Roma (1870), prohibiu aos católicos intervir na política italiana. Durante o seu pontificado proclamou o dogma da Inmaculada Concepción (1854), o Syllabus (1864), convocou o Concilio Vaticano I (1869-1870) e coa definición de primado contribuíu a reafirmar o centralismo romano.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Senigallia, Ancona

  • Deceso

    Lugar : Roma