Placer López, Gumersindo

Placer López, Gumersindo

Frade mercedario e escritor. Cofundador de Logos e colaborador de diversas publicacións, como Nós e Misión, e do Seminario de Estudos Galegos, relacionouse co círculo intelectual do galeguismo. Na súa obra tense ocupado de temas relacionados con Galicia e de autores como Airas Nunes, Pero d’Armea, Tirso de Molina e Rosalía de Castro. Publicou a recompilación da poesía de Francisco María de la Iglesia D’o mar e d’a terra (1930) e o estudo A espiritualidade do Cancioneiro da Vaticana (1936), así como o libro de poesías Algas (1959). É tamén autor do estudo biobibliográfico Fray Serafín de Freitas (1956), da biografía Fray Bartolomé de Olmedo, capellán de los conquistadores de Méjico (1961), da extensa Bibliografía mercedaria (1963 e 1968), da colección de artigos sobre Pontedeume Crónicas de mi rincón natal (1977) e do estudo Trahamunda, a santa de Poio (1990), en colaboración con Xosé S. Crespo Pozo. Foi membro correspondente da Real Academia Galega (1940).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Pontedeume

  • Deceso

    Lugar : Madrid