poetismo

poetismo

(

s m [ARTE/LIT]

Movemento literario e artístico checo que floreceu en Praga entre 1924 e 1930. Ao redor do seu teórico Karel Teige agrupáronse poetas como V. Nezval e J. Seifert; pintores, directores de escena, lingüistas, como R. Jakobson e J. Mukarovsky; músicos e pallasos. Fundouse sobre a ideoloxía marxista, derivada formalmente de Apollinaire, da pintura cubista, de Majakovskij e, sobre todo, do dadaísmo, e propuña transformar a arte nun divertimento. Partindo deste movemento algúns poetas constituíron en 1934 o grupo surrealista de Praga.

Palabras veciñas

poético -ca | Poétique | poetisa | poetismo | poetización | poetizar | poexo