poexo
poexo
(< lat pulegĭu)
s
m
[PLANTA]
Planta herbácea perenne, de 10 a 50 cm de altura, de moito arrecendo. Presenta talo a miúdo arraigado, con follas ovais, enteiras ou con poucos dentes nas beiras, de pecíolo curto e pilosas, polo menos no envés. As flores son rosadas ou lilas, reunidas en verticilastros densos. Medra na beira de torrentes e en lugares húmidos, nunha gran parte de Europa. Emprégase como dixestivo, tónico e estimulante.