politeísmo
politeísmo
(< poli- + 1 teísmo)
s
m
[RELIX]
Forma de relixión que recoñece diversas divindades, máis ou menos independentes, das que a miúdo só se venera unha. O panteón politeísta estrutúrase de xeito xerárquico e cada deus desempeña funcións diferentes. É controvertido saber en que forma relixiosa se orixinou e a súa relación co monoteísmo. Segundo Usener, os grandes deuses persoais deriváronse do polidemonismo; para Wilhelm Wundt, os mitos de deuses persoais presupoñen sempre a fe nos demos e as lendas de heroes fundadores. En contraposición está Wilhem Schmidt, que afirma que ao comezo está o monoteísmo e a revelación orixinal.