Pote, O
Pote, O
Publicación mensual editada en Barcelona a partir de decembro de 1996. Cesou en 2001 (nº50). Subtitulada “Boletín do Grupo Anónimo de Barcelona”, o seu obxectivo foi facer unha crítica da actualidade política, social, cultural e literaria desde un punto de vista independente, de esquerdas e nacionalista. Paralelamente, publicáronse os “Cadernos d’O Pote”, en que se editaban traducións ao galego de obras literarias.