praxeoloxía

praxeoloxía

(< gr πρãξις + -loxía)

s f [FILOS]

Ciencia que estuda a actividade racional, ou humana, e que, a partir da observación dos condicionamentos da acción, establece as regras do comportamento. Adoptado polo sociólogo francés A. Espinas (1844-1922), o termo estivo filosoficamente desenvolvido sobre todo por T. M. Kotarbiński (1886), designando a ciencia da acción eficaz e das condicións desta eficacia. OBS: A primeira grafía <x> representa o son [ks].

Palabras veciñas

praxe | Práxedes | Práxedes, santa | praxeoloxía | Praxíteles | Prayer Book | Prays