Prays

Prays
[ANIMAL/ENTOM]

Xénero de insectos, da orde dos lepidópteros, de tamaño pequeno, coas ás anteriores alongadas e estreitas, a miúdo abrancazadas e provistas de puntos negros, e as posteriores un pouco máis amplas. Algunhas especies poden ser praga da oliveira (P. oleae) e das árbores froiteiras, especialmente dos cítricos (P. citri).

Palabras veciñas

praxeoloxía | Praxíteles | Prayer Book | Prays | praza | Prazmowski, Wojciech | prazo