Primitivo, san

Primitivo, san

Mártir. Segundo a tradición era fillo do centurión san Marcelo, polo que tería orixe galaica. Xunto co seu irmán xemelgo san Facundo foi martirizado e decapitado polo cónsul Ático en época de Adriano por se negaren a adorar o deus Febo. Segundo a tradición morreron preto de Cea e están enterrados na catedral de Ourense, para outros en Sahagún. A súa festividade celébrase o 27 de novembro.