Proletario, El

Proletario, El

Semanario publicado en Pontevedra a partir do 23 de abril de 1898. Cesou o 1 de xuño dese ano (nº5). Subtitulouse “Defensor de los trabajadores” e exerceu como voceiro da Federación Obrera de Pontevedra. Saía os días 1, 8, 15 e 23 de cada mes. Contou coa participación do tipógrafo Pedro Chardonell, daquela presidente da organización obreira local.