pulsador -ra
pulsador -ra
(< lat pulsātōre)
-
adx e s
Que ou quen pulsa ou preme.
-
s
m
[TECNOL]
Dispositivo cun botón que, ao ser premido, produce o peche ou a apertura dun ou máis circuítos eléctricos. Chamado tamén botón pulsador, emprégase para pór en funcionamento un aparato ou unha máquina ou para paralos.
-
s
m
[TÉXT]
Mecanismo dos teares automáticos que controla por medios mecánicos, eléctricos, fotoeléctricos ou electrónicos a canela da trama, e que cando quedan poucas fibras de fío dispón que se faga o cambio de canela ou de lanzadeira.