pulsador -ra

pulsador -ra

(< lat pulsātōre)

  1. adx e s

    Que ou quen pulsa ou preme.

  2. s m [TECNOL]

    Dispositivo cun botón que, ao ser premido, produce o peche ou a apertura dun ou máis circuítos eléctricos. Chamado tamén botón pulsador, emprégase para pór en funcionamento un aparato ou unha máquina ou para paralos.

  3. s m [TÉXT]

    Mecanismo dos teares automáticos que controla por medios mecánicos, eléctricos, fotoeléctricos ou electrónicos a canela da trama, e que cando quedan poucas fibras de fío dispón que se faga o cambio de canela ou de lanzadeira.

Palabras veciñas

Pulqueria, santa | pulquérrimo -ma | pulsación | pulsador -ra | pulsante | pulsar | púlsar