púlsar

púlsar

(< ingl pulsating radiosource ‘radiofonte pulsante’)

s m [ASTRON]

Radiofonte que emite impulsos radioeléctricos que se suceden cunha regularidade moi grande. Os primeiros foron detectados, por azar por A. Hewish e Jocelyn Bell Burnell en 1968. Actualmente coñécense uns 350. Acéptase que son estrelas de neutróns que, sometidas a presións e densidades extremadamente elevadas, constitúen un gas dexenerado, e que, en xeral, teñen a súa orixe nas explosións de supernovas. Aínda que a súa emisión é continua, unicamente chegan á Terra as ondas emitidas cando o feixe de radiación está orientado cara a ela, circunstancia que se vai repetindo periodicamente. Os minipúlsares son púlsares que emiten radiación a intervalos de milisegundos. Crese que están formados por sistemas binarios en que un deles vira moi rapidamente.

Palabras veciñas

pulsador -ra | pulsante | pulsar | púlsar | pulsátil | pulsativo -va | pulsear