Quiteria, santa
Quiteria, santa
Mártir. Suponse que era filla dun nobre galaico pagán que se fixo bautizar ás agachadas, consagrando a súa virxindade a Xesús Cristo. Como se negou a casar co mozo que o pai lle buscara como marido, este decapitouna. En Portugal considérana natural de Coimbra. A súa festividade celébrase o 22 de maio.