Quart de Poblet

Quart de Poblet

Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (25.305 h [2001]). Na agricultura predominan os cítricos e as hortalizas. Desde 1970 converteuse nun gran centro industrial, grazas á proximidade e ás boas comunicacións coa cidade de València. O principal sector secundario é o metalúrxico.