quásar

quásar

(< acrónimo do lat quasi +ingl stellar)

s m [ASTRON]

Obxecto con aparencia estelar, que é unha fonte moi potente de ondas radioeléctricas, cuxo espectro presenta un notable desprazamento cara ao vermello. O primeiro foi descuberto en 1961, cando T. Matthews observou que onde os radiotelescopios indicaban a existencia dunha importante fonte de ondas radioeléctricas había unha estrela de aparencia óptica normal. En 1963 comprobouse que os quásar se afastan do sistema solar a unha velocidade da orde dun 15% da velocidade da luz. A súa luminosidade absoluta é moi elevada, cunha magnitude absoluta que pode chegar a -25 ou -26.