queimar

queimar

(< lat cremāre)

  1. v t

    Prender lume a algo.

    Ex: Queimou a roupa vella.

  2. v t
    1. Consumirse un corpo pola acción do lume, cando el e os seus compoñentes se combinan co osíxeno do aire.

      Ex: Prenderon lume no palleiro e queimouse o pazo.

      Confrontacións: arder.
    2. Asasinar a alguén con lume.

      Ex: Na Idade Media queimaban a moita xente na fogueira.

      Confrontacións: calcinar.
  3. v t
    1. Exercer unha acción destrutora o lume ou a xeada.

      Ex: O sol do verán queimou os tomates.

    2. Estragar unha comida por exceso de lume ou por falta de líquido.

      Ex: Queimaches a tortilla.

    3. [MED]

      Sufrir queimaduras nalgunha parte do corpo por mor do lume, do Sol, da calor ou dalgunha substancia corrosiva.

      Ex: Tomou leite moi quente e queimou a lingua.

      Confrontacións: pelar.
  4. v t

    Gastar ou consumir algo en exceso.

    Ex: Queimou os aforros nunha semana.

  5. v t

    Destruír ou levar a unha situación límite algo ou a alguén.

    Ex: Queimouno moito coa súa fachenda.

  6. v i

    Estar unha cousa moi quente, ata o punto de resultar dolorosa ou ser moi molesta ao ter contacto con ela.

    Ex: Sópralle á sopa que queima.

    Sinónimos: pelar. Confrontacións: arder.
  7. v pron

    Sufrir alguén queimaduras pola acción do lume, do Sol, da calor ou dunha substancia corrosiva.

    Ex: Queimouse na praia.

  8. v pron

    Quedar algo destruído ou en moi mal estado pola acción do lume.

  9. v pron

    Chegar alguén a unha situación límite.

    Ex: Queimouse moito tendo que traballar tantas horas.

  10. v

    Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘asar’.

Refráns

  • Do monte sae o que o monte queima.
  • Pesa máis moxena que feixe de leña.
Conxugar
VERBO queimar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
queimo
queimas
queima
queimamos
queimades
queiman
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
queimaba
queimabas
queimaba
queimabamos
queimabades
queimaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
queimei
queimaches
queimou
queimamos
queimastes
queimaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
queimara
queimaras
queimara
queimaramos
queimarades
queimaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
queimarei
queimarás
queimará
queimaremos
queimaredes
queimarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
queimaría
queimarías
queimaría
queimariamos
queimariades
queimarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
queime
queimes
queime
queimemos
queimedes
queimen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
queimase
queimases
queimase
queimasemos
queimasedes
queimasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
queimar
queimares
queimar
queimarmos
queimardes
queimaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
queima
-
-
queimade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
queimar
queimares
queimar
queimarmos
queimardes
queimaren
Xerundio queimando
Participio queimado
queimada
queimados
queimadas