Quental, Antero Tarquínio de

Quental, Antero Tarquínio de

Poeta portugués. Figura destacada da poesía portuguesa do s XIX e un dos grandes poetas europeos do mesmo período, foi un dos polemistas -con Eça de Queirós e Teófilo Braga- da chamada ‘Cuestión de Coimbra’, e tratou esta polémica nos ensaios Bom senso e Bom gosto (1865) e A Dignidade das Letras e as Literaturas Oficiais (1865). No ámbito político foi cofundador do Partido Socialista Português. En 1865 publicou Odes Modernas e en 1871 iniciou un cambio de sentido na súa obra, froito dunha longa crise, que reflectiu en Sonetos (1886) e que constitúe o diario da desintegración que o levou ao suicidio.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Ponta Delgada, Açores

  • Deceso