Quercus

Quercus
[PLANTA]

Xénero de árbores, da familia das fagáceas, coa cortiza gris ou parda, follas caducas ou perennes, lobuladas ou ovais, glabras ou pilosas. O froito é unha landra de tamaño variable, cun pedúnculo máis ou menos longo. En Galicia é moi frecuente a especie Q. robur (carballo).