Querétaro

Querétaro

Capital do estado de Querétaro, México (641.386 h [2000]). Está situada na rexión do Bajío, á beira do río Querétaro, nunha zona agrícola rica, sobre todo en froitas. As industrias están dedicadas á talla de pedras preciosas, e ao fiado e tecido de algodón. En 1867 foi fusilado nela o Emperador Maximiliano I de México. Destaca a igrexa do convento de Santa Rosa (s XVII), cun interior churrigueresco. A zona de monumentos históricos foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1996).