querigmático -ca
querigmático -ca
(< querigma)
-
adx
Relativo ou pertencente ao querigma.
-
teoloxía querigmática
Movemento teolóxico iniciado na década de 1930 por J. A. Jungmann e seguido por K. Rahner e M. Schmaus, entre outros. Criticando o conceptualismo e o desequilibrio da teoloxía imperante no catolicismo, propoñía centrala, con visión pastoral, nos elementos esenciais do querigma, é dicir, do anuncio histórico da salvación.