quermes

quermes

(< ár qirmiz ‘cochinilla’)

  1. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Nome dos inxectos homópteros de xénero Kermes, da familia dos quermésidos, duns 3 mm de lonxitude, de corpo globuloso e segmentos espiñentos, que habitan sobre diversas plantas como a aciñeira, alimentándose dos seus zumes. Da especie K. ilicis extraíase un colorante vermello.

  2. s m [IND]

    Colorante que se obtiña dos insectos de xénero Kermes.

  3. s m [QUÍM]

    alquermes.

  4. quermes mineral [MINERAL]

    Mineral, de fórmula S 2 Sb 2 O, que cristaliza no sistema monoclínico. É de cor avermellada e cunha exfoliación perfecta, unha dureza de 1 a 1,5, e un peso específico de 4,5. OBS: Tamén se denomina quermesita.