Querol i Subirats, Agustí

Querol i Subirats, Agustí

Escultor, crítico da arte e político. En 1884 viaxou a Roma, pensionado pola Academia de España, onde realizou o grupo escultórico Tradición, co que gañou a medalla da Exposición Nacional de 1887, o apoio de Antonio Cánovas del Castillo e diversos encargos públicos. Instalouse en Madrid a comezos de 1890 e dous anos máis tarde gañou o concurso para a realización do frontón da Biblioteca Nacional, cunha proposta alegórica clasicista. Das súas obras destacan o mausoleo aos bombeiros en La Habana (1892), o Retrato de Alfonso XIII niño (1892) e Tulia (1895). Polo grupo Sagunto recibiu a medalla de honor na Exposición Nacional de 1906. Realizou o sepulcro de Cánovas del Castillo, no Panteón de los Grandes Hombres de Madrid. Autor dos monumentos a Casto Méndez Núñez (1890) e José Elduayen (1896), en Vigo, e do monumento a Aureliano Linares Rivas (1900), na Coruña, destaca tamén a Dolorosa do retablo da capela da Misericordia de Tui (1909). Foi deputado e vicedirector do Museo de Arte Moderno de Madrid.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Tortosa

  • Deceso

    Lugar : Madrid