Quesada Legido, María Teresa
Pintora, filla de Fernando Quesada Porto e Ana Legido Soto. Coñecida como Marieta Quesada, estudou Belas Artes en Sevilla e ampliou a súa formación cunha bolsa de paisaxe en El Paular (Segovia). Desde a figuración foi afondando na abstracción nunhas obras onde busca suxerir o contraste entre o material e o espiritual da realidade, polo que se sitúa entre o realismo e a maxia do surrealismo. Nas súas paisaxes destaca o tratamento da paisaxe onde, tras unha análise parcial do mesmo feita a través de distintas capas de veladuras, acada unha visión totalizadora. Realizou tamén bodegóns, retratos e murais, como o encargado polo concello de París para a fachada dun edificio do canal de San Martiño (1993). Das súas obras destacan La reina y su reino (1986), Autorretrato (1991), Tras el Cristo (1998), La Campiña, Invierno azul (2001), Desaliento (2003), Tormenta (2003) e Descendimiento (2004). Acadou unha ampla proxección internacional e realizou exposicións en París, Roma ou Colonia, ademais de en diversas cidades españolas. A súa obra está presente en diversos museos e institucións de dentro e fóra de Galicia.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Vigo