Quesada Porto, Carlos

Quesada Porto, Carlos

Pintor, gravador, debuxante, caricaturista e ilustrador. Publicou caricaturas en distintos xornais, como La Voz de Galicia, onde tivo unha sección fixa, e La Región, con temas de Ourense antigo, ademais de revistas como Leer. Cultivou a pintura ao óleo, esencialmente abstracta ou surrealista, e o retrato. Participou en diversas mostras colectivas, realizou tamén gravados e augafortes, pergameos para organizacións oficiais e ilustracións para libros, como Viaxe ao país dos contos e da poesía (1985), de Pura e Dora Vázquez; Oráculos para Cavalinhos-do-demo (1986), de Manuel María; e La obra narrativa de Vicente Risco (1987), de Antón Risco. Director da obra social de Caixa Ourense, foi o creador da Bienal Internacional de Gravado Julio Prieto Nespereira. A segunda edición da Bienal da Caricatura (1994) dedicoulle unha mostra antolóxica.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Ourense

  • Falecemento