Quesada Porto, Fernando

Quesada Porto, Fernando

Pintor e caricaturista. Coñecido como Quesada, traballou como inspector xefe do servizo de vixilancia fiscal do Ministerio de Economía e Facenda de Vigo. Dedicouse principalmente ao caricaturismo político, comezando na revista Club Deportivo Orense, de cuxo equipo formou parte durante varios anos. Desde entón colaborou en xornais como Faro de Vigo (desde 1961), Arriba ou Pueblo, e en revistas como La Codorniz, La Actualidad Española, Cambio 16, Blanco y Negro ou Interviú. Como pintor cultivou o expresionismo, reflectindo sempre na súa obra a visión irónica da vida. Das súas obras destacan Máscara y viejo (1986), Tres figuras (1986), Dama en verde (1991), Caserío (1992) e La casa de la Ville (1998). Publicou os libros de humor Xente a esgalla (1981) e Quesadas (1994), e recibiu, entre outros, o Premio Mingote da prensa española de ABC (1969), o Premio de Humor de Populares de Pueblo (1977), o Premio da Xunta de Galicia (en dúas ocasións), o Premio Reconquista de Vigo, o Premio da ONCE e o Premio Vieira de Ouro.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Ourense

  • Falecemento

    Lugar : Vigo